| A xerencia de Area Central pon
a disposición de inversores, empresarios e comerciantes
unha sección destinada a expoñer información
sobre os diferentes locais dispoñibles cos que conta o
complexo comercial en venda, aluguer ou traspaso.
Cómpre advertir que Area Central é unha comunidade
de propietarios, polo que a xerencia do centro comercial non ten
competencia directa no aluguer, traspaso ou venda dos locais;
deste xeito, a súa función é meramente informativa:
traslada aos interesados a dispoñibilidade dos locais e,
no seu caso, ponos en contacto coa propiedade do local ou, cando
menos, facilitaría dita posibilidade.
Os interesados poden obter información dos locais expostos
nesta web e poñerse en contacto coa xerencia de Area Central
co fin de facilitarlle o resto da información da que poida
dispoñer nas súas oficinas; p.ex., máis detalles
dos locais ou datos de contacto das axencias ou particulares que
representan o mesmo. A información que se poida facilitar
sobre algún local, ben nesta web ou a través dos
datos que se proporcionen a maiores por correo electrónico
ou telefónicamente, non suporá compromiso algún
por ningunha das partes.
A xerencia de Area Central so contestará a aquelas solicitudes
que faciliten os seus datos de contacto completos e que indiquen
a actividade comercial que se pretende instalar no local obxecto
de interese.
Para ampliar a información dalgún dos locais dispoñibles,
pode poñerse en contacto coa xerencia de Area Central no
enderezo marketing@acentral.com.
|
|