idioma: |
O BOWLING

NORMAS DE XOGO
1.- O bowling é un xogo individual
2.- O número máximo de xogadores por pista é de 6, non podendo permanecer acompañados na area de xogo en ningún caso.
3.- É obligatorio o uso de calzado especial de bowling.
4.- Ceder a preferencia ó xogador que vai lanzar na pista da súa dereita.
5.- Está prohibido comer, beber e fumar na area de lanzamento.
6.- Débese permanecer sentado mentres outro compañeiro inicia a xogada.
7.- A pista está encerada e poderíase esvarar, polo que non se pode pasar da liña de falta ó xogar a súa bola.
8.- Nunca soltar a bola con forza; senon esvarándoa a ras de pista.
9.- Agardar a que a máquina varredora retire os birlos caídos despois dun lanzamento antes do seguinte.
10.- Nones debe lanzar nunca unha bola ca varredora baixada ou ca maquina apagada. Se esto sucedese ó longo da súa partida débese dar aviso no control da boleira.
11.- Non se debe manipular a consola sen expresa autorización do persoal da boleira xa que poderían perder a información da partida.
12.- Estas normas son de obrigado cumprimento, podendo ser esixido éste polo persoal da boleira.

ESPECIFICACIÓNS DA PISTA, BIRLOS E BOLA
Na pista sinálanse unha area de lanzamento con dúas series de puntos de saída, unha liña de falta que marca o límite desta zona, diversas frechas de dirección da bola.
No final da pista atópanse os birlos, colocados formando un triángulo. O punto de impacto para acadar un “strike” son os birlos 1 e 3, se o lanzamento se fai ca man dereita; se se fai ca man esquerda serían os birlos 1 e 2.
Debes escoller unha bola que poidas manexar cómodamente. O seu peso vai de 6 a 16 libras (1 libra=453 gramos), que poderás distinguir pola súa cor. A bola suxéitase cos dedos corazón, anular e polgar.

INSTRUCCIÓNS DO XOGO
POSICIÓN DE SAÍDA. Sitúate a 4 pasos da liña de falta mirando de fronte ó triángulo formado polos birlos. Suxeita a bola á altura da cintura, lixeiramente á dereita e, coa aguantando o peso da bola ca man esquerda.
PRIMEIRO PASO. Leva a bola cara adiante suavemente e adianta o pé dereito. Ó mesmo tempo estende o brazo esquerdo para ter maior estabilidade.
SEGUNDO PASO. Inicia un movemento de péndulo cara atrás ca man dereita.
TERCEIRO PASO. Leva o brazo á posición traseira máis alta ca man sempre detrás da bola e inicia o movemento de péndulo cara adiante co brazo paralelo ó corpo.
CUARTO PASO. Adianta o pe esquerdo dobrando o xeonllo e esvara a bola de xeito natural ata soltala. Continua o movemento do brazo ata a cabeza.

Os xogadores zurdos deberán seguir estas indicacións á inversa.

PUNTUACIÓN
>Cada partida componse de 10 xogadas
> En cada xogada hai 10 birlos para derribar
> Lánzanse 2 bolas por xogada excepto se na primeira derribas os 10 bolos. Esto denomínase “pleno” ou “strike” e na pantalla aparecerá co símbolo “x” e neste caso non se utiliza a segunda bola: anótanse 10 puntos máis á puntuación que acades cas dúas bolas seguintes.
>Se derribas os 10 birlos ca segunda bola, chámase “semipleno” ou “spare” e na pantalla aparece co símbolo “ / ”. Anotas 10 puntos máis a puntuación que consigas ca bola seguinte.
> Se non conseques derribar os 10 birlos cos dous lanzamentos puntúa o número de birlos que derribases.
> Ademáis, se consegues un pleno na última xogada tes dúas bolas extras e se é un semipleno, xogas unha bola máis.
> Os nomes dos xogadores rexístranse dende o control e aparecen no monitor.
>O ordenador indica o turno de cada xogador e rexistra cada puntuación automáticamente sen que teñas que facer cálculos.

area central centro comercial 2004