idioma: |

UNHA EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS SORPRENDEU ÓS VISITANTES DO CENTRO COMERCIAL NO MES DE XUÑO


Durante os días 29 de maio a 13 de xuño, os pasillos de Area Central albergaron a exposición “Soños de outra infancia”, composta por máis de cento cincuenta xoguetes, ademáis de comics, contos e cromos antigos, todos eles de data anterior á década dos 60, procedentes de unha espectacular colección particular, a cal foi obxecto de unha excelente acollida por parte de nenos e maiores.

Ó longo dos quince días que durou a exposición “Soños de outra infancia”, instalada en Area Central, os visitantes que se achegaron ó centro, puideron sorprenderse coa grande variedade de materiais ós que os fabricantes acodían antes da aparición do plástico (porcelana, cartón pedra, terracota, madeira, ferro, celuloide, baquelita,...), e admirar pezas tan curiosas coma gramófonos, imprentiñas ou una pequena vaixela de cerámica de manises, sen esquecer os xoguetes máis tradicionais, como bonecas, trenes e coches de todo tipo e material, soldadiños de chumbo, espadas ou xogos de indios e vaqueiros, entre outras das preto de duascentas pezas expostas; cuidadosamente escollidas de entre as máis de oitocentas que suma o total desta particular colección, todo un tesouro da historia da nosa infancia.


 

area central centro comercial 2004