idioma: |


CERTAME “GUAPO DE GALICIA” 2004 EN AREA CENTRAL


O sábado 12 de xuño, o Centro Comercial foi a sede do certame “GUAPO DE GALICIA 2004”, no que foi elexido o representante galego para a “FINAL GUAPO DE ESPAÑA”, que tivo lugar o pasado 26 de xuño en Marbella.

Centos de persoas déronse cita na tarde do sábado 12 de xuño, para presenciar a final rexional do certame “Guapo de Galicia 2004” así como a elección do título “Guapo Costa Gallega”, que tivo lugar no transcurso de unha gran gala organizada pola axencia de modelos Dolores Couceiro Management e Multimedia Ideas, na que participaron vintecinco finalistas seleccionados de entre os máis de cen candidatos que se presentaron ó casting.

Os gañadores dos títulos foron, respectivamente, o pontevedrés Pablo Alberte, e Luís Fernández Ben, de Foz, os cales demostraron con creces a súa soltura enriba da pasarela en diversos pases nos que desfilaron en bañador, ropa sport e traxe, e mostrando unha selección de artígos de “Joyería Alfonso”, patrocinador do evento.

As mellores imaxes do concurso, pódense ver na nosa web www.topmodelareacentral.com

 

area central centro comercial 2004