idioma: |


EXCELENTE EXHIBICIÓN DE DESTREZA NO “I CAMPEONATO DE PERRUQUERÍA CANINA” CELEBRADO NO CENTRO COMERCIAL


O pasado sábado 29 de maio, destacados profesionais de este sector déronse cita en Area Central para participar no I CAMPEONATO DE PELUQUERÍA CANINA, organizado pola Asociación Nacional de Perruquería Canina e diversas empresas especializadas na materia, coa colaboración do Centro Veterinario Area Central e do propio Centro Comercial, baixo a atenta ollada dun bo número de aficionados ós cans que non perderon detalle das últimas técnicas para o cuidado da estética das súas mascotas.

Ó longo de toda a xornada, veintidós dos mellores profesionais desta espectacular disciplina, procedentes non só de Galicia senón tamén dos puntos más dispares da xeografía española como Barcelona, Asturias ou Madrid, puxeron a proba a súa habilidade no manexo de tesouras, coitelas e esquiladoras, e a súa destreza na difícil técnica que se coñece co nome de “stripping”, consistente en retirar manualmente o pelo que lle sobra ó can, e que sen dúbida demostraron dominar, xa que ningún dos seus excepcionales “modelos” se queixou en ningún intre do tirón; traballos que foron avaliados por J. Martínez Chedas e Pedro Pollán Baeza, delegados da Asociación de Perruquería Canina en Galicia e na zona centro de España, respectivamente, que puxeron toda a súa atención en observar cales dos animais lograban parecerse máis a un can de exposición, obxectivo para acadar algunha das tres primeras clasificacións, que obtiveron premios en metálico.

Ademáis das moitas razas de cans (cockers, caniches, schnauzers,...) que se puideron observar no “ring” instalado en Area Central, o certame completouse con unha espectacular demostración de perruquería equina, practicada con un pony, así coma con unha interesante mostra dos máis novidosos e sorprendentes artigos para os nosos animais existentes no mercado.


 

area central centro comercial 2004