idioma: |
PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2012

PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2012

Sábado 4

18:00 horas

CONTACONTOS E AGASALLO DE LIBROS
Sesión de contacontos co libro O sorriso de Claudia. A continuación, haberá obradoiros relacionados coa historia do conto e reparto de libros entre os pequenos asistentes.


Sábado 11

De 10:00 a 22:00 horas

EXPOSICIÓN DE PAXAROS
A Sociedade Compostelá de Ornitoloxía reúne unha grande variedade de paxaros para a admiración dos visitantes de Area Central.

18:00 horas

OBRADOIROS DE RECICLAXE
Acción lúdica na que os nenos aprenderán a importancia de coidar o medio ambiente nestes obradoiros nos que elaborarán posavasos e reloxos de parede con material de refugallo.


Sábado 18 e Domingo 19

10:00 a 22.00 horas
ESQUINA VERMELLA

RASTRO DE ANTIGÜIDADES
Acción de Area Central na que os visitantes do complexo poden adquirir nos preto de 25 expositores diversos obxectos de coleccionismo.

Sábado 18

18:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL ESQUINA VERDE

CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES
Para celebrar o Entroido e dentro dun gran espectáculo Area Central celebrará este concurso infantil de disfraces no que se valorarán os traxes máis orixinais. As inscricións poderán realizarse o mesmo día a partir das 16:00 horas no propio escenario de Area Central.

Domingo 19

18.00 horas

OBRADOIROS DE DISFRACES
Os rapaces realizarán coas súas mans disfraces divertidos para celebrar por todo o alto o Entroido.

Luns 20

18:00 horas

CREACIÓN DE MÁSCARAS
Dentro dos actos do Entroido, Area Central organiza este obradoiro no que os pequenos poderán crear a súa propia máscara.

Sábado 25

18:00 horas

ACTIVIDADE DE PAPIROFLEXIA
Os máis pequenos da casa pasarán unha tarde divertida mentres aprenden a realizar sorprendentes figuras coas dobleces dun papel.



outras programacións


area central centro comercial 2011