idioma: |
PROGRAMACIÓN ABRIL 2005

Sábado 2

18:00 horas

“XOGA CA CIENCIA: OS ELEMENTOS DA NATUREZA”
Tarde de divulgación científica infantil por medio de distintos xogos e actividades, relacionados cos catro elementos: auga, terra, lume e aire. Ademáis haberá un taller para os máis pequenos, onde se representará o ciclo da auga.


Venres 8

18:00 horas

CASTING TOP MODEL AREA CENTRAL
Arranca a cuarta edición do esperado certame TOP MODEL AREA CENTRAL co derradeiro casting de selección de participantes para os desfiles eliminatorios que comezarán os últimos sábados deste mesmo mes

Sábado 9

18:00 horas

“XOGA CA CIENCIA: A VIDA DUNHA SEMENTE”
Durante a tarde deste sábado, que se vai dedicar á botánica máis divertida, os pequenos visitantes de Area Central terán a oportunidade de adentrarse no mundo vexetal a través de xogos e obradoiros nos que poderán plantar unha semente e aprender o ciclo de vida da súa planta


Sábado 16

18:00 horas

“XOGA CA CIENCIA: SAÚDE E HIXIENE”
A última xornada de actividades infantís relacionadas cas ciencias xirará en torno á súa propia educación física, con xogos nos que os nenos poderán divertirse aprendendo diversos conceptos básicos sobre as ciencias da saúde e a hixiene.

Sábado 23

20:00 horas

CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL
Comezan os desfiles do concurso TOP MODEL AREA CENTRAL, no que se poderán coñecer tódalas tendencias de moda para a tempada de primavera-verán, da man dos candidatos a convertirse na nova imaxe de Area Central para este ano.


Sábado 30

20:00 horas

CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL
Segundo desfile eliminatorio de este espectacular certame de moda no que os participantes amosan nos seus pases as propostas dos establecementos de Area Central para a nova tempada.

 

 

 


programación actual

outras programacións

area central centro comercial 2005