idioma: |
PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2007

Sábado 10

18:00 horas
Planta primeira
Esquina verde

OBRADOIROS CREATIVOS
Os rapaces aprenderán novas técnicas de pintura e porán en marcha a súa creatividade facendo modelaxe e paisaxes de cores.

Mércores 14

a partir das 18:00 horas

CELEBRACIÓN DE SAN VALENTÍN
Un ano máis, os “corazóns de Área Central” repartirán doces entre os visitantes de Área Central para celebrar o día dos namorados.



Venres 16

19:00 horas
Planta primeira
Esquina verde

VIII CONCURSO DA FILLOA E ORELLA
Por octavo ano, Área Central, en colaboración con El Correo Gallego e Radio Obradoiro acollerá este concurso gastronómico, no que se premiarán as filloas e orellas máis saborosas.




Sábado 17

18:00 horas
Escenario principal
Esquina verde

CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES
Para celebrar o Entroido, terá lugar este concurso infantil no que Área Central obsequiará aos disfraces máis orixinais con diversos agasallos.




Luns 19

18:00 horas
Planta primeira
Esquina verde

BAILE DE ENTROIDO
Os visitantes de Área Central celebrarán o Entroido cunha tarde chea de boa música e diversión





Venres 23 e sábado 24

18:00 horas
Esquina vermella

DEPORTE DE RISCO: PATINAXE EXTREMO
Exhibicións de deporte extremo, nas que un patinador fará variadas piruetas e viravoltas de gran risco sobre unha pista de patinaxe.





Dende o luns 26

De 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas
Esquina vermella

VIDEOXOGOS GRATUITOS
Instalación de catro pantallas xigantes para que os visitantes de Área Central poidan xogar coa nova consola Wii de Nintendo de xeito totalmente gratuito.


 



programas anteriores

area central centro comercial 2007