De 31 de maio a 24 de xuño
De 10:00 a 22:00 horas
|
EXPOSICIÓN “O AFIADOR E O SEU OFICIO”
Co patrocinio da Fundación Sotelo Blanco, Area Central
acolle unha selección dunha das máis completas mostras
de rodas e utensilios de afiador con pezas cedidas polo escultor
e coleccionista Florencio de Arboiro.
|
Venres 8
22:00 horas
Praza de Europa
|
FESTAS NA HONRA DE SAN ANTÓN
Durante tres días, o barrio de Fontiñas celebra
as súas festas. O venres á noite actuará
a orquestra “Acordes”.
|
Sábado 9
Praza de Europa |
FESTAS NA HONRA DE SAN ANTÓN
Pola tarde as rúas de Fontiñas encheranse de música
da man da charanga “Los Celtas”. Para os máis
pequenos haberá unha sesión de xogos. Pola noite,
o turno será da orquestra “Marimba”, que fará
disfrutar a todos os veciños de boa música e baile.
A partir das 24.00 horas haberá fogos artificiais
|
Domingo 10
Praza de Europa |
FESTAS NA HONRA DE SAN ANTÓN
Ao mediodía, a Banda Municipal de Serra de Outes dará
un concerto. De novo para os rapaces haberá outra sesión
de xogos infantís pola tarde.
|
De luns 11 a luns 18
De 10.00 a 22.00 horas |
EXPOSICIÓN “VIDA SOBRE RODAS”
A sección de Patinaxe Artístico do Clube Deportivo
Fontiñas reúne nesta mostra varias fotografías,
recortes de prensa e algúns dos seus traxes utilizados
en competicións, co obxectivo de plasmar a súa traxectoria
dende os seus inicios ata hoxe.
|
De luns 11 a luns 18
De 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00
horas
ESQUINA VERMELLA
|
EXHIBICIÓNS COMPOSTELA CUP 2007
Tenis de mesa: do 25 ao 30 de xuño
|
De 16.00 a 20.00 horas
ESQUINA VERMELLA
|
EXHIBICIÓNS COMPOSTELA CUP 2007
Xadrez: do 25 ao 2 de xullo
|
De 19.00 a 21.00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
|
EXHIBICIÓNS COMPOSTELA CUP 2007
Esgrima: 25 de xuño
|
De 18.00 a 20.00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
|
EXHIBICIÓNS COMPOSTELA CUP 2007
Loita: 26 e 28 de xuño.
|
|