idioma: |
PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2007

ata o Domingo 7

De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA VERMELLA

“COCHE DO ANO 2007”
Stand do xornal La Voz de Galicia cos tres coches candidatos para ser elexidos o coche do ano. Os lectores poderán participar na selección depositando o seu voto no buzón colocado a tal fin neste espazo.


Sábado 6

De 18:00 horas

ESQUINA VERMELLA

TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS
Xornada de inauguración desta iniciativa organizada por Sotelo Blanco Edicións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que contará cun programa de contacontos, animacións e obradoiros de ilustración, ademáis de agasallos para os asistentes e outras sorpresas.


Venres 12 e Sábado 13

De 18:00 horas

TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS
“Atopan un can”, o primeiro capítulo desta colección de libros infantís, servirá de base para que os cativos se acheguen a lingua galega a través de obradoiros de ilustracións, contacontos e outras animacións.


Venres 19 e Sábado 20

De 18:00 horas

TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS
Segunda fin de semana da campaña de animación á lectura. A actividade deste día estará baseada no segundo capítulo: “Unha tarde no cine”.

 

Sabado 20

ESQUINA VERMELLA

COPA 40 - EA SPORTS
Semifinal española deste campeonato organizado pola cadea SER - 40 Principales, no que os participantes competirán co videoxogo de fútbol máis esperado do momento, o FIFA 08.

A partir do Xoves 25

Inicio do programa de actividades do 14º aniversario de Area Central

 

programación actual

outras programacións

area central centro comercial 2007