idioma: |
PROGRAMACIÓN 14º ANIVERSARIO

Do xoves 25 de outubro ao domingo 4 de novembro

De 10:00 a 22:00 horas
PLANTA PRIMEIRA

Exposición “VIVENDAS E CONSTRUCCIÓNS RURAIS DO MUNDO”
Un total de 300 maquetas recrearán a variedade das construccións rurais que existen en todo o mundo, en func ión do clima e dos costumes dos seus habitantes.


Venres 26 de outubro

De 9:00 a 12:00 horas

RADIO VOZ
Programa en directo dende Area Central.



Venres 26 e Sábado 27 de outubro

18:00 horas

TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS
Esta fin de semana a actividade estará centrada no terceiro dos capítulos da colección de Sotelo Blanco Edicións: “Van de merenda”. Non faltarán contacontos, animacións, agasallos de libros e outras sorpresas.


19:30 horas

ESCENARIO PRINCIPAL
E CORREDORES DE AREA CENTRAL

ESPECTÁCULOS MUSICAIS E PERFORMANCES
O grupo de performances “Ying&Yang” ofrecerá unhas espectaculares actuacións cunha prodixiosa posta en escea. Tamén estarán os Trasnos Máxicos, que xurdirán das tebras. Haberá cor, son e efectos especiais.
“SALTIMBANQUIS DA IMAXINACIÓN”
Os “Saltimbanquis da imaxinación” percorrerán as rúas de Area Central facendo arriscadas acrobacias nos seus monociclos, xogos de malabares e espectaculares piruetas.


Mércores 31 de outubro

De 12:15 a 13:00 horas

CADENA COPE
Programa en directo dende Area Central.


 

Xoves 1 de novembro

18:00 horas

TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS
A pesares de ser festivo, este día continuará a celebración da campaña “Tardes con Uxía e os pillabáns”, que contará con actividades centradas no cuarto capítulo “Van á granxa”.


Venres 2 de novembro

De 12:30 a 14:00 horas

ONDA CERO
Programa en directo dende Area Central.

18:00 horas

TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS
Os animadores da campaña organizarán diversas actividades centradas no capítulo “Van á granxa” para o disfrute dos máis pequenos. Repartiranse libros deste cuarto capítulo de Uxía e os pillabáns.


19:30 horas

ESCENARIO PRINCIPAL
E CORREDORES DE AREA CENTRAL

ESPECTÁCULO MUSICAL E PERFORMANCES
O espectáculo “Elastic Man” está encabezado por un inchable xigante en forma de labios no que uns bailaríns con traxes elásticos sorprenderán con coreografías variadas.
“SALTIMBANQUIS DA IMAXINACIÓN”
Este grupo de animadores abraiarán aos visitantes de Area Central cos seus malabares e piruetas.


Sábado 3 de novembro

18:00 horas

TARDES CON UXÍA E OS PILLABÁNS
Cuarta fin de semana da campaña de animación á lectura infantil en galego, que estará baseada no capítulo de Uxía e os pillabáns “Van á granxa”.

19:30 horas

ESCENARIO PRINCIPAL

ESPECTÁCULO MUSICAL E PERFORMANCES
“Barroco Roll” deixará coa boca aberta a todos cunha posta en escea na que os artistas sorprenderán con grandes pelucas e maquillaxes moi coloristas, mentres realizan a súa obra sobre patíns.



 

 

programación actual

outras programacións

area central centro comercial 2007