idioma: |
PROGRAMACIÓN MAIO 2008

Dende o mércores 30 abril ata o 4 de maio

ESQUINA VERMELLA

EXPOSICIÓN “120 ANOS DE CICLISMO GALEGO”
Varios paneis recollen nesta mostra da Fundación Ciclismo Galego a historia deste deporte en Galicia.


Mércores 30 de abril

18.30 horas

PRESENTACIÓN EQUIPOS VOLTA CICLISTA DA ASCENSIÓN
O escenario principal de Area Central acolle a presentación dos equipos participantes na Volta Ciclista da Ascensión, que sairá os tres días da Praza de Europa de Area Central.


De xoves 1 a sábado 3

PRAZA DE EUROPA


VOLTA CICLISTA DA ASCENSIÓN
A Praza de Europa acolle durante tres días a saída da Volta Ciclista da Ascensión. Paralelamente, celebraranse na praza variadas actividades para os máis pequenos.


Sábado 3

De 9.00 a 11.30 horas

CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL
Desfile eliminatorio deste certame no que os participantes amosarán as propostas dos establecementos de Area Central para a nova tempada mentres compiten para lograr situarse entre os finalistas do concurso.



Mércores 7

De 9.00 a 11.30 horas


RADIO VOZ
Retransmisión dende Area Central do programa “Voces de Compostela”, presentado por Eva Millán.


Xoves 8

De 12.30 a 14.00 horas


ONDA CERO
Programa en directo dende Area Central.


Venres 9

De 12.15 a 13.30 horas


CADENA COPE
A emisora de radio retransmite dende Area Central o seu programa do mediodía.


Sábado 10

20.00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL


FINAL CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL
Gala final de Top Model na que, no transcurso dun gran espectáculo, daranse a coñecer os nomes dos dous xóvenes gañadores que se convertirán na nova imaxe de Area Central.


Sábado 24 e domingo 25

De 10.00 a 22.00 horas


EXPOSICIÓN DE BONSÁI E SUISEKI CIDADE DE SANTIAGO
En colaboración coa Asociación cultural Bonsái Coruña, Area Central acolle un ano máis esta mostra sobre estas dúas artes orientais. Haberá tamén exhibicións prácticas sobre a creación e os coidados dun bonsái.




programación actual

outras programacións

area central centro comercial 2007