idioma: |
PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2011

PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2011

Sábado 1

18.00 horas
ESQUINA VERDE PLANTA PRIMEIRA

ACTIVIDADES INFANTÍS
Nova tarde de actividades para os máis pequenos no que as manualidades farán que os nenos pasen unha nova tarde agradable.

19.30 horas
ESCENARIO PRINCIPAL

ACTUACIÓN MUSICAL
Actuación musical de Nirah, participante na última edición do programa Operación Triunfo. A continuación, estará no establecemento do centro comercial Blu:Sens para a sinatura de autógrafos.


Sábado 8

De 10.00 a 22.00 horas
ESQUINA VERMELLA

EXPOSICIÓN DE PAXAROS
Iniciativa promovida por ala Sociedad Compostelana de Ornitología, que reúne unha grande variedade de paxaros para a admiración dos visitantes de Area Central.

18:30 horas
ESQUINA VERMELLA

EXHIBICIÓNS DE BAILE E ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Os profesores da asociación de artes Olimpo farán demostracións de varias modalidades, como danzas orientais (Bollywood), artes marciais, ioga ou ritmos latinos. Estas demostracións alternaranse con miniclases dirixidas aos visitantes de Area Central.


Martes 11

16:00 horas
ESQUINA VERMELLA

VI CAMPIONATO DE BARISTAS
Os mellores baristas de Galicia demostrarán a súa habilidade á hora de preparar diferentes cafés nesta competición que tamén contará cunha demostración de coctelería.


Mércores 12

19:00 horas
ESQUINA VERMELLA

EXHIBICIÓNS DE XIMNASIA
O ximnasio Camm realizará unha exhibición da maquinaria e os métodos de traballo que empregan nas súas instalacións.


De venres 14 a domingo 16

ESQUINA VERDE

CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE SQUASH "TROFEO CAMIÑO DE SANTIAGO"
Area Central acolle este campionato de España, como antesala á competición de carácter mundial que se celebrará a seguinte semana.


Sábado 15 e domingo 16

De 10.00 a 22.00 horas
ESQUINA VERMELLA

RASTRO DE ANTIGÜIDADES
Terceiro sábado de mes e, como xa é habitual, Area Central celebra o seu rastro de antigüidades, no que os visitantes do complexo poderán adquirir nos preto de 25 expositores diversos obxectos de coleccionismo.


De luns 17 a sábado 22

ESQUINA VERDE

CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE SQUASH "TROFEO CAMIÑO DE SANTIAGO"
Competición que reunirá en Area Central os mellores xogadores do mundo de squash. A final feminina e masculina celebrarase na tarde do sábado 22 de outubro.


De mércores 26 a luns 31

Programa de actividades do 18º aniversario de Area Central



outras programacións


area central centro comercial 2011