idioma: |

TODO A PUNTO PARA A “VOLTA Ó COLE” EN AREA CENTRAL

rastro antigüedadesSantiago, 3 de setembro de 2009 . - O curso escolar está a punto de comezar e, como xa é costume, Area Central está a organizar para o sábado 19 de setembro a súa xa tradicional campaña de "Volta ó cole", na que non faltará música, baile e moita diversión, ademais de variados regalos para os participantes.

A campaña de "Volta ó cole" de Area Central centrarase na tarde do sábado 19 de setembro, día no que o escenario principal do complexo comercial acollerá ás 19.30 horas un gran espectáculo musical no que varios animadores farán desfrutar aos pequenos da casa con música e coreografías. Unha hora antes, a partir das 18.30 horas, os personaxes máis queridos polos nenos pasearán polos pasillos de Area Central para que os coñezan e poidan fotografiarse con eles.

rastro antigüedadesComo en outras edicións, para a organización da “Volta ó cole” Area Central contará coa importante colaboración de Coca-Cola - Begano e Sotelo Blanco Edicións, que repartirán agasallos entre os participantes.

Pola súa banda, os establecementos comerciais de Area Central xa teñen posta en marcha a súa propia campaña de "Volta ó cole", con ofertas moi interesantes para os petos dos pais en todos os elementos necesarios para un bo inicio da campaña escolar dos seus fillos.

Atoparás máis información sobre as actividades de Area Central na súa programación mensual.

 


area central centro comercial 2009