![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
XA TE PODES APUNTAR AO CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES DE AREA CENTRAL
O concurso consta de catro categorías: individual alevín (ata os 8 anos), individual infantil (de 9 a 12 anos), de parella (ata 12 anos) e de grupo (ata os 12 anos). Os interesados poden inscribirse chamando ao número de teléfono 981 56.08.45 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00 horas ata o venres 12 de febreiro. Tamén se poderá formalizar a inscrición o mesmo día 13 de febreiro no propio escenario principal de Area Central dende as 15.00 horas ata quince minutos antes do comezo do desfile.. Por outro lado, o venres 12 e o luns 15 de febreiro, dende as 18.00 horas, a esquina verde da planta primeira acollerá un baile de disfraces en dúas tardes cheas de boa música e diversión garantida. Os monitores animarán a tarde con esta actividade musical, mentres que os nenos participantes mostrarán os seus dotes de bailes e aprenderán diferentes coreografías. Para ter máis información sobre as actividades de febreiro de Area Central, visita a programación mensual.
|
|
|