idioma: |

TODO O RELATIVO Á COSTURA, EN HILAR FINO DE AREA CENTRAL

Santiago, 1 de xuño de 2010 - Area Central ofrece aos seus visitantes un novo establecemento especializado en costura: Hilar fino, unha tenda que abriu as súas portas hai escasos días e na que se pode mercar fíos, botóns, teas e todos os demais elementos de xastrería.Ademais, a nova tenda ten un apartado especial con todos os elementos á venda que se necesitan para o patchwork, a técnica de costura que forma deseños concretos con pequenos trozos de tea.

Esta nova oferta comercial ubícase no local L-7-D-1, na esquina verde da planta baixa de Area Central. Para poñerse en contacto con Hilar fino, poden chamar ao número de teléfono 881.972.689.

 

area central centro comercial 2009