EN MARCHA A 4ª EDICION DO CONCURSO "CARTAS DE AMOR" DE ALFONSO JOYEROS
Santiago, 03 de febreiro de 2011 - Tras o gran éxito de participación e calidade dos traballos con máis de cen cartas participantes en 2010, Alfonso Joyeros organiza a cuarta edición do concurso “Cartas de amor”, con motivo de San Valentín.
>As bases do concurso e toda a información e mecanismos necesarios de participación poden consultarse na web www.alfonsojoyeros.es, sendo o período de recepción dos traballos ata o día 13 de febreiro.
As cartas han de ser orixinais, en galego ou castelán, e o fallo darase a coñecer o 14 de febreiro tras a valoración dun xurado que concederá tres premios entre as cartas máis valoradas polos visitantes da web ata o 13 de febreiro.
O primeiro premio será un Colgante Thomas Sabo valorado en 198€; o segundo premio consta dun reloxo Lotus valorado en 149€; e o terceiro premio un reloxo Lotus de señora valorado en 69€. Ademáis, se o premiado realiza unha compra en Alfonso Joyeros nas súas tendas de Área Central ou Alfredo Brañas no período comprendido entre o 2 de xaneiro de 2011 ata o 12 de febreiro de 2011, o seu premio dobrarase en importe.
Os traballos enviaranse seguindo o mecanismo establecido na páxina www.alfonsojoyeros.es, dende onde se pode formalizar a inscrición totalmente gratuíta e subir as cartas do concurso.
|