idioma: |

A MULLER PROTAGONIZA UNHA EXPOSICIÓN DA ONG JÓVENES Y DESARROLLO EN AREA CENTRAL

NadalSantiago, 3 de marzo de 2010 – Ata o luns 15 de marzo, a esquina vermella de Area Central acolle a exposición “Mulleres: protagonistas do desenvolvemento” da ONG Jóvenes y desarrollo. Esta mostra, composta por catro paneis, céntrase no punto número tres da Declaración do Milenio firmada pola ONU para a construción dun mundo máis xusto e solidario. O punto número tres deste manifesto insiste na necesidade de “promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller”.

Deste xeito, a exposición instalada en Area Central toma como exemplo a realidade da muller africana para sensibilizar sobre a situación da muller en diferentes culturas e constatar o seu protagonismo crucial no desenvolvemento dos pobos.

Pode atopar máis información, na programación mensual de Area Central.

 

area central centro comercial 2009