idioma: |

MANS UNIDAS CONMEMORA OS SEUS 50 ANOS CUNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EN AREA CENTRAL



Santiago, 4 de maio de 2010 –A esquina vermella de Area Central acolle desde hoxe e ata o próximo 10 de maio a exposición “Cincuenta anos de Mans Unidas”, unha mostra fotográfica composta por 25 paneis que fan un percorrido polas necesidades que ten a poboación dalgúns países de Asia, África e América; os tres continentes nos que esta ONG leva traballando desde 1960.

Cada fotografía ilustra algunha das carencias máis importantes contra as cales Mans Unidas leva loitando cinco décadas, aspectos relacionados coa educación, a sanidade, o medioambiente, a igualdade entre homes e mulleres e os dereitos humanos. Asimesmo, esta mostra tamén quere ser unha homenaxe ao esforzo de miles de persoas implicadas neste proxecto.

Durante este medio século, o traballo de socios e colaboradores de Mans Unidas, e gracias ao apoio de organismos nacionais e internacionais, téñense materializado en centos de proxectos centrados principalmente en cinco puntos: agropecuarios, sanitarios, educativos, de promoción social e de promoción da muller.

Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visite a programación mensual.


area central centro comercial 2009