idioma: |

UNHA EXPOSICIÓN DE PAXAROS REÚNE EN AREA CENTRAL OS SEGUNDOS SÁBADOS DE MES UNHA VARIEDADE DE AVES

Nadal

Santiago, 1 de xuño de 2010 - Area Central reunirá este sábado, e como todos os segundos sábados de cada mes, unha amplia variedade de aves na súa exposición de paxaros, una iniciativa promovida pola Sociedade Compostelá de Ornitoloxíaque deu comezo o pasado mes de febreiro.

O obxectivo desta actividade, que ten lugar na esquina vermella de Area Central, é dar a coñecer as variedades de aves que forman parte da cría deportiva. Esta mostra reúne en Area Central diferentes especies de aves, na súa maioría canarios, pero tamén outras máis exóticas. Ademais, moitos dos paxaros expostos poden ser adquiridos polos visitantes do complexo comercial a precios asequibles.

Este evento, que ten lugar todos os segundos sábados de cada mes, únese ás restantes actividades de Area Central como evento mensual fixo.

Pode atopar máis información, na programación mensual de Area Central.

 

area central centro comercial 2009