FIN DE SEMANA ENTRETIDO EN AREA CENTRAL CO ENTROIDO E UNHA EXPOSICIÓN DE PAXAROS
O escenario principal acollerá este sábado o concurso infantil de disfraces, no que se premiarán os mellores traxes
A esquina vermella terá tamén este sábado unha mostra de aves, neste evento que se repetirá os segundos sábados de mes
Santiago, 9 de febreiro de 2010 – Esta fin de semana promete ser entretida en Area Central, ao coincidir este sábado a celebración do concurso infantil de disfraces, propio do Entroido, e a primeira sesión da exposición de paxaros, un evento novo no complexo comercial que terá lugar todos os segundos sábados de mes e que reunirá unha variedade de aves comúns e outras exóticas.
Exposición de paxaros
A celebración do Entroido en Area Central coincidirá este sábado coa exposición de paxaros, unha nova iniciativa promovida pola Sociedade Compostelá de Ornitoloxía e que se repetirá todos os segundos sábados de cada mes. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer as variedades de aves que forman parte da cría deportiva.
Esta mostra reunirá en Area Central diferentes especies de aves, na súa maioría canarios, pero tamén outras máis exóticas. Ademáis, os visitantes de Area Central poderán adquirir as aves expostas a prezos asequibles.
Concurso infantil de disfraces
Area Central ten aberto xa o plazo para participar no seu tradicional concurso infantil de disfraces, enmarcado dentro dos eventos conmemorativos do Entroido. O concurso, que se celebrará este sábado 13 a partir das 18.00 horas no escenario principal do complexo comercial. As bases do concurso establecen catro categorías, que son as seguintes: individual alevín (ata os 8 anos), individual infantil (de 9 a 12 anos), de parella (ata 12 anos) e de grupo (ata os 12 anos). Os interesados poden inscribirse chamando ao número de teléfono 981 56.08.45 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00 horas ata o venres 12 de febreiro. Tamén se pode formalizar a inscrición o mesmo día 13 no propio escenario principal de Area Central dende as 15.00 horas ata o mesmo momento do inicio do concurso.
O concurso desenvolverase nun ambiente festivo e estará amenizado por varias persoas cuxas vestimentas farán un guiño á celebración do día de San Valentín, que se celebra o día siguiente. Haberá bailes e ao finalizar o concurso celebrarase un sorteo de agasallos entre todos os participantes.
Ademais, dentro dos eventos do Entroido, este venres 12 e o luns 15, desde as 18.00 horas na esquina verde da planta primeira, Area Central acollerá un baile de disfraces en dúas tardes cheas de música e diversión garantizada.
Para ter máis información sobre as actividades de febreiro de Area Central, visita a programación mensual.
|