
BASES PARA O CONCURSO
DE DISFRACES
DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL
1. O concurso terá lugar o sábado 13 de febreiro ás 18:00 horas no escenario principal do Centro Comercial Area Central.
2. Establécense catro categorías cos requisitos mínimos de participación que a continuación se indican:
INDIVIDUAL ALEVÍN – Ata 8 anos
INDIVIDUAL INFANTIL – De 9 a 12 anos
DE PARELLA – Ata 12 anos
DE GRUPO – Ata 12 anos
As categorías de parella e grupo estarán condicionadas á inscrición de, alomenos, tres conxuntos de participantes, de xeito que, no caso de non acadarse este mínimo, ditas categorías serán eliminadas de concurso.
3. Para participar no concurso é necesario inscribirse. Dita inscrición realizarase a través do teléfono 981 56.08.45 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00 horas ata o venres 12 de febreiro. Tamén poderase formalizar a inscrición a través de Internet ata as 20.00 horas do venres 12 de febreiro enviando o nome/s, idade/s, disfraz (indicando se é individual, de parella ou de grupo) e número de contacto ao enderezo de correo electrónico marketing@acentral.com. Tamén poderase formalizar a inscrición o mesmo día 13 de febreiro no mesmo lugar de celebración do concurso, dende as 15.00 horas ata o momento do inicio do concurso.
4. O día do concurso entregarase a cada participante un número de participación que deberá levar consigo no transcurso do mesmo. O número poderase recoller dende as 15:00 h. ata as 18:00 h. no escenario principal onde se realizará o concurso.
5. Os premios por categoría serán:
-Individual Alevín
1º premio Unha videoconsola NINTENDO DS
2º premio Unha bicicleta
3º premio Un par de patíns
-Individual Infantil
1º premio Unha videoconsola NINTENDO DS
2º premio Unha bicicleta
-De parella
1º premio Dous pares de patíns
-De grupo
1º premio Unha MERENDA
6. En ningún momento os premios poderanse canxear por cartos.
7. O xurado compoñerase de membros pertencentes ou designados polo Centro Comercial Area Central. O fallo do xurado será inapelable.
8. O xurado resérvase o dereito a cambiar os agasallos como estimen oportuno.
9. As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial e na web www.areacentral.com.
10. A organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflito que puidera derivar da súa interpretación.
11. 11. A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.
|