A PARTIR DO VENRES 11 AREA CENTRAL REPARTE AS RIFAS PARA O SORTEO DAS 101 CESTAS DE NADAL.
Por compra superior a cinco euros en calquera establecemento, ata as 15.00 horas do sábado 19
Santiago, 9 de decembro de 2009 – A partir deste venres 11, os establecementos de Area Central comezarán a repartir entre os seus clientes os boletos para participar no sorteo das 101 cestas de Nadal entre todos os clientes que realicen unha compra superior a cinco euros en calquera dos establecementos que conforman o complexo comercial ata as 15.00 horas do sábado 19 de decembro.
Os boletos entregaranse entre os clientes dos establecementos comerciais de Area Central que efectúen un gasto mínimo de cinco euros dende este venres 11 ata as 15.00 horas do sábado 19 de decembro, momento no que se disporá todo para celebrar o primeiro dos sorteos, que terá lugar ese mesmo sábado 19, ás 19.00 horas, no escenario principal do complexo comercial.
O domingo 20 celebrarase o segundo dos sorteos no que, ademais de sacar da urna outros cen números, os Papá Noeles retirarán por último unha cifra máis que corresponderá á cesta xigante composta por diferentes obsequios dos establecementos de Area Central
Para ter máis información sobre o funcionamento, pode ler aquí as bases do sorteo..
Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visite a programación mensual.
|