idioma: |


BASES PARA O SORTEO DAS CESTAS DE NADAL 2009
NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1.- Poderán participar todas as persoas que realicen unha compra superior a cinco euros en calquera dos establecementos do Centro Comercial Area Central adscritos a esta promoción, dende o día 11/12/2009 ata as 15:00 horas do día 19/12/2009.

2.- Como máximo entregarase unha rifa por compra, independentemente de que o seu valor supere os cinco euros.

3.- O sorteo realizarase o sábado 19 de decembro ás 19:00 horas no escenario situado na entrada principal de Area Central (esquina verde). Extraeranse da urna cen números que quedarán expostos no escenario principal (onde se realiza o sorteo) e na cabina de información de Area Central ata as 22.00 horas do sábado 19 de decembro.

Para recoller as cestas é requisito indispensable ser maior de idade e presentar a rifa premiada e o DNI na mesa da organización ubicada diante do escenario principal, tendo como límite ata as 22:00 horas do mesmo día do sorteo. Pasada esa hora, todas as rifas premiadas cos números extraídos ese día quedarán invalidadas.

4.- O domingo 20 de decembro, no mesmo escenario de Area Central extraeranse da urna números dende ás 19.00 horas ata ás 19.30 horas, co obxecto de repartir as cestas que non foron recollidas o día anterior. Ademais, sacarase da urna un número a maiores que corresponderá á cesta xigante composta por diferentes agasallos, xentileza dos establecementos comerciais. Os números extraídos quedarán expostos no escenario principal (onde se realiza o sorteo) e na cabina de información de Area Central ata as 22.00 horas do domingo 20 de decembro.

Para recoller as cestas é requisito indispensable ser maior de idade e presentar a rifa premiada e o DNI na mesa da organización ubicada diante do escenario principal, tendo como límite ata as 22:00 horas do mesmo día do sorteo. Pasada esa hora, todas as rifas premiadas cos números extraídos ese día quedarán invalidadas.

5.- Pasadas as 22.00 horas de cada un dos dous días, os números extraídos non se poderán comprobar en ningún sitio nin se poderá reclamar ningunha cesta.

6.- As cestas non recollidas polos premiados destinaranse a unha ou varias asociacións benéficas.

7.- En ningún caso os premios serán canxeables por cartos.

8.- As bases do concurso están expostas na cabina de información de Area Central.

9.- Os traballadores de Area Central e dos establecementos que o integran non poderán participar nesta promoción.

10.- A Organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflito que puidera derivar da súa interpretación.

11.- A Organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflito que puidera derivar da súa interpretación.


volver.


area central centro comercial 2007