![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
GRANDE FIN DE SEMANA EN AREA CENTRAL OS DÍAS 20, 21 E 22 DE NOVEMBRO COA FEIRA DO DISCO E O RASTRO DE ANTIGÜIDADES.Santiago, 13 de novembro de 2009 - Dous dos eventos máis importantes que Area Central organiza ao longo do ano coincidirán este fin de semana: por unha banda, a oitava Feira Internacional de Coleccionismo Discográfico e Cinematográfico de Santiago de Compostela, que se celebrará dende o venres 20 ata o domingo 22; e por outra, o rastro de antigüidades, que ten lugar todos os terceiros sábados de cada mes. A Feira Discográfica e Cinematográfica chega este ano a súa oitava edición e dende o venres 20 ata o domingo 22 converterá a Area Central en visita obrigada para todos os amantes da música e as películas de todos os tempos. Parte da esquina vermella do complexo comercial acollerá preto de vinte expositores procedentes de toda España neste evento xa consolidado e considerado como un dos máis importantes que acolle o complexo comercial no ano. Esta nova edición inaugurarase o vindeiro venres 20, a partir das 10:00 horas e continuará ata as 22:00 horas. O sábado 21 os postos funcionarán tamén en horario comercial, é dicir, de 10.00 a 22.00 horas, e o domingo 22 os postos permanecerán abertos en horario de 12:00 a 22:00 horas. Os visitantes de Area Central poderán apreciar e adquirir diferentes discos en soporte CD, vinilos, maxi singles, etc. e variadas películas en CD ou VHS a prezos moi reducidos. No apartado cinematográfico, os amantes do sétimo arte poderán acudir a Area Central para conseguir todo tipo de material relacionado cos seus artistas, películas ou directores favoritos, como carteis, fotos, programas, libros ou guías. Como noutras edicións, a Feira Discográfica traerá a Area Central actividades paralelas, como as actuacións musicais o venres 20, ás 19.00 horas, de Héctor e Najla e o sábado 21, tamén ás 19.00 horas, da cantante Beatriz Porrúa, coñecida tras o seu paso polo programa de televisión Operación Triunfo.
Rastro de antigüedades. A Feira Discográfica de Area Central coincidirá o sábado 21 cunha sesión máis do seu rastro de antigüidades, evento no que, todos os terceiros sábados de cada mes, os visitantes do complexo comercial poden contemplar centos de obxectos de coleccionismo nos preto de 25 expositores, que ocuparán parte da esquina vermella e do acceso norte de Area Central. Os postos do rastro poderanse visitar o sábado de 10.00 a 22.00 horas, e estarán compostos por unha ampla variedade de obxectos antigos como libros, sellos, encaixes ou cerámicas, entre outros. Coa presenza destes postos de venda, os visitantes de Area Central viaxarán ao pasado mentres contemplan esta selección de antigüidades. Xarras de Bristol, reloxos de principios do século XX, colchas, camiños de mesa, unha ampla selección de postais, porcelanas, tallas de madeira e moedas do século XIX e principios do XX son outros dos obxectos á venda. Ademais, varias persoas especialistas estarán a cargo destes expositores para atender a todos os interesados que desexen algún tipo de información ou que queiran contactar con expertos en restaurar todo tipo de antigüidades. Este rastro tense convertido nun evento fixo da programación de actividades de Area Central e se celebra todos os terceiros sábados de cada mes, ata o vindeiro 19 de decembro. Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visite a programación mensual.
|
|
|