SEMIFINAL DE TOP MODEL AREA CENTRAL, ESTE SÁBADO 17 ÁS 20.00 HORAS
Santiago, 14 de abril de 2010 – Preto de cincuenta mozos e mozas de diferentes concellos de Galicia e de varios puntos de Asturias desfilarán este sábado 17, ás 20.00 horas, pola pasarela de Area Central para conseguir unha praza na gala final de Top Model Area Central do seguinte sábado 24 e optar a ser os gañadores desta novena edición do concurso e ser a imaxe de Area Central durante un ano nas súas campañas publicitarias.
Dos concellos galegos de Cambados, Lugo, Ferrol, Pontevedra, Chantada, Ames, Teo e Ordes e das vilas asturianas de Cangas de Onís, Oviedo e Avilés proceden algúns dos 22 chicos e 27 chicas que superaron as probas de selección que tiveron lugar en varias discotecas de Galicia e no propio complexo comercial o pasado 26 de marzo. Fóra da semifinal quedan máis de 150 mozos, algúns de puntos lonxanos como Madrid ou Las Palmas de Gran Canaria.
A semifinal deste sábado servirá tamén para que os visitantes de Area Central poidan coñecer as novidades da tempada primavera-verán en roupa e complementos que lles ofrecen os establecementos do complexo comercial Volare, Toxo, Area Interior, Don Vaquero, Base: Centro Deportivo e Mercería Carmen e que colaboran con Top Model Area Central vestindo aos participantes do certame.
Desta semifinal de Top Model Area Central sairán os nomes dos finalistas e aspirantes a converterse na nova imaxe de Area Central durante un ano, sustituindo así aos vencedores da pasada edición, Kelly Briones e Óscar Carbajales.
|