idioma: |

A SEMIFINAL GALEGA DA "COPA 40 –EA SPORTS" CELÉBRASE ESTE SÁBADO EN AREA CENTRAL

Santiago, 14 de xuño de 2010 -Na tarde do sábado 19 de xuño Area Central acollerá a semifinal galega do campionato de fútbol interactivo “Copa 40 – EA Sports”, evento organizado pola cadea SER – 40 Principales. Os concursantes buscarán ser os de maior destreza co videoxogo oficial do Mundial de Sudáfrica “Copa Mundial da FIFA 2010” para conseguir unha praza na final de Madrid, o vindeiro 26 de xuño.

O gañador nesta semifinal, ademáis de ter a viaxe gratuita a Madrid cun acompañante para enfrentarse na final ao resto dos gañadores das outras semifinais, que terán lugar en Madrid, Sevilla, San Sebastián, Málaga, Bilbao, Valencia e Barcelona, acadará como agasallo unha videoconsola.

Todos os interesados deben inscribirse nos estudios da emisora dos 40 Principales na Rúa San Pedro de Mezonzo (981.59.46.00), en Santiago de Compostela.

Pode ter máis información sobre as actividades de Area Central na nosa programación mensual.

 

area central centro comercial 2009