idioma: |

APPINFORMATICA.COM ABRE AS SÚAS PORTAS EN AREA CENTRAL

Santiago, 15 de xuño de 2010 -A firma de informática APPinformatica.com abriu recentemente unha franquicia en Area Central no local L-26-G, ubicado na esquina verde da planta primeira. APPinformatica.com ofrece, a través dun atento trato ao cliente, o mellor hardware coas mellores condicións de calidade, prezo e garantía.

Coa apertura desta franquicia, APPinformatica.com continúa a súa expansión iniciada en 1999 e roza a cifra de 500 tendas distribuidas en diferentes cidades de España. Asimesmo, Area Central aumenta a súa oferta de establecementos especializados en informática e tecnoloxía.

Poden poñerse en contacto con APPinformatica.com a través do seu número de teléfono, 881.978.562, ou da web www.appinformatica.com.

 

area central centro comercial 2009