idioma: |

SORTEO DE 101 CESTAS DE NADAL E O ÚLTIMO RASTRO DE ANTIGÜIDADES DO ANO, ESTA FIN DE SEMANA EN AREA CENTRAL

Sorteo 101 cestas de nadalSantiago, 15 de decembro de 2009 - Area Central celebra este sábado 19 e o domingo 20, a partir das 19.00 horas, o sorteo das 101 cestas de Nadal, evento estrela da campaña de Nadal que quere premiar a confianza e a fidelidade dos clientes do complexo comercial. Ao longo desta semana, os establecementos comerciais adscritos a esta promoción están a repartir entre os seus clientes rifas para participar neste sorteo, no que a maiores das 100 cestas con lotes de produtos típicos destas datas, sortearase unha cesta xigante a maiores, composta por diversos agasallos xentileza dos establecementos comerciais de Area Central.

Varios Papá Noeles encargaranse de amenizar este sorteo e de ir sacando un a un os números premiados. Os afortunados teñen ata as 22.00 horas de cada un dos dous días para recoller a súa cesta premiada. As que non sexan recollidas, doaranse a entidades benéficas da cidade.

Por outra banda, a primeira xornada do sorteo das 101 cestas de Nadal, o sábado 19, coincidirá coa última sesión do ano do rastro de antigüidades, evento no que os visitantes do complexo comercial poden contemplar centos de obxectos de coleccionismo nos preto de 20 expositores que ocupan parte da esquina vermella de Area Central de 10.00 a 22.00 horas.

Ademais, todos estes días continúan as actividades de Nadal de Area Central, como a visita diaria de Papá Noel, obradoiros científicos, monicreques e obras de teatro, ademais das últimas sesións da campaña de dinamización lingüística “Tardes de lecer”, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e baseada nos libros de Sotelo Blanco Edicións.

Atoparás máis información sobre as actividades de novembro de Area Central na súa programación mensual.

 


area central centro comercial 2009