A XUNTA DE GALICIA SUBVENCIONA A AREA CENTRAL ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL
Santiago, 15 de decembro de 2010 - A Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia vén de subvencionar economicamnte a realización de varias accións de dinamización que se realizaron este ano en Area Central e que pretenderon incentivar a demanda comercial.
A Dirección Xeral de Comercio colabora con Area Central este ano na publicidade e difusión da campaña primavera-verán, da campaña de rebaixas de inverno e nas accións e na publicidade do Entroido de Area Central.
Area Central conta dende hai varios anos coa importante axuda da Xunta de Galicia para a posta en marcha de varias actividades lúdicas, ademais de accións publicitarias que buscan mellorar a imaxe do complexo comercial
|