AREA CENTRAL CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA LA VI EXPOSICIÓN DE BONSÁIS Y SUISEKIS

Santiago, 18 de maio de 2010 – Os vindeiros días 22 e 23 de maio, Area Central acollerá a sexta edición da “Exposición de Bonsái e Suiseki Cidade de Santiago”, cita organizada en colaboración coa Asociación Cultural Bonsái Coruña e que este ano contará tamén cun obradoiro de origami na mañá do sábado 22, no que os visitantes de Area Central coñecerán esta arte xaponesa de papiroflexia.
Ademais dunha ampla seleción de bonsáis e suisekis -pedras ornamentais-, o programa desta sexta edición ofrece demostracións da formación de bonsáis a cargo de especialistas na materia, as cales se celebrarán na tarde do sábado 22 e o domingo 23.
A continuación, pode coñecer a programación completa da “VI Exposición de Bonsái e Suiseki Cidade de Santiago" de Area Central:
Sábado, 22 de maio
10.00 horas: Apertura da exposición
10.30 – 11.00 horas: Visita guiada da exposición
11.00 – 14.00 horas: Obradoiro de origami (papiroflexia xaponesa) a cargo de Coco
17.00 – 20.00 horas: Demostración de formación de bonsái a cargo de Juan Liñares e José Vázquez San Luis
21.00 horas: Peche da xornada
Domingo, 23 de maio
10.00 horas: Apertura da exposición
11.00 – 14.00 horas: Sesión consultoria dos afeccionados sobre árbores
17.00 – 20.00 hora: Demostración de formación de bonsái a cargo de Marcial Campos e Leo Blanco
21.00 horas: Clausura da exposición.
Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visite a programación mensual.
|