UNHA MOSTRA SOBRE BOMBEIROS, CLASES DE FITNESS, MÚSICA CLÁSICA E CONTACONTOS CONMEMORAN O 16º ANIVERSARIO DE AREA CENTRAL
Santiago, 19 de outubro de 2009
Dende o venres 23 de outubro e ata o domingo 1 de novembro, Area Central celebrará o seu 16º aniversario e dentro das súas actividades conmemorativas, haberá sitio para unha mostra sobre o traballo dos bombeiros a xeito de homenaxe ao corpo de extinción de incendios de Santiago de Compostela, unha sesión de fitness e batuka a cargo de Jessica e José Expósito, un concerto didáctico con música clásica e representacións tetrais e contacontos coa campaña “Tardes de lecer” da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A exposición "Bombeiros do mundo" reunirá unha variedade de elementos referidos a este traballo como varios vehículos a escala, uniformes, extintores e outros obxectos de diferentes países e épocas relacionados co labor do persoal anti incendios. Aproveitando esta mostra, Area Central homenaxeará ao corpo de bombeiros de Santiago de Compostela, que cedeu para esta mostra varios uniformes e elementos que empregan habitualmente nos seus labores, ademais de obxectos antigos que conservan no parque de bombeiros de Santiago.
Na tarde do sábado 24, os irmáns Jessica e José Expósito, coñecidos por impartir clases de batuka no programa de televisión Operación Triunfo, visitan Area Central para animar aos visitantes a participar na súa Zona Fitness - batuka: un espectáculo onde se xunta saúde, diversión, baile, deporte e música. Os visitantes de Area Central aprenderán varias coreografías e bailarán ao ritmo de cancións cheas de enerxía.
O sábado 31, o teatro e a música clásica uniranse no concerto didáctico "O mundo de Mozart", co que todos os membros da familia terán a ocasión de pasar unha tarde divertida mentres descobren a beleza da música clásica a través do compositor W. A. Mozart. Este concerto permitirá coñecer a vida de Mozart e a algúns personaxes da súa ópera "A frauta máxica" a partir dunha obra de teatro amenizada por un quinteto de vento que ofrecerá unha selección musical de Mozart.
Aparte destas accións específicas do 16º aniversario, o programa Bocaberta dea Secretaría Xeral de Política Lingüística continuará coas súas actividades de dinamización do galego para os máis pequenos da casa a través das sesións da campaña "Tardes de lecer", que se celebran en Area Central todos os venres e sábados, a partir das 18.00 horas, a partir dos libros de Sotelo Blanco Edicións.
Para máis información, consulte a programación do 16º aniversario
|