idioma: |

TRINTA MOZOS ASPIRAN ESTE SÁBADO A GAÑAR “TOP MODEL AREA CENTRAL 2010”

rastro antigüedades

rastro antigüedades
Santiago, 20 de abril de 2010 – Un total de 18 mozas e 12 mozos aspiran este sábado 24, a partir das 20.00 horas, a converterse nos gañadores de Top Model Area Central 2010 nunha gala final moi animada que estará conducida pola reporteira de televisión Alba Lago e o gañador de Top Model Area Central 2008, Rudy Lamas.

Os trinta concursantes finalistas desfilarán pola pasarela do escenario principal de Area Central ao mesmo tempo que dan a coñecer as propostas para a nova tempada dos establecementos do complexo comercial Alcampo, All Factory, D¨Elvis, Yacox e María García.

Ao finalizar o desfile, Area Central dará a coñecer o nome da parella gañadora do seu concurso, un mozo e unha moza que se converterán na imaxe do complexo comercial durante un ano nas súas campañas de rebaixas e do propio concurso e que sustituirán aos vencedores de Top Model Area Central 2009, Kelly Briones e Óscar Carbajales.

O xurado estará integrado por varios representantes de Area Central e da axencia de publicidade Multimedia Ideas, ademais da modelo Dolores Couceiro e profesionais de varios medios de comunicación. A gala contará tamén cun desfile especial a cargo do deseñador José Matteos.

Atoparás máis información na web www.topmodelareacentral.com


area central centro comercial 2009