idioma: |

O SALÓN DE MANUALIDADES “DIDÁCTICA GALICIA 2010” CELÉBRASE DO 28 AO 30 DE MAIO EN AREA CENTRAL

didactica

Santiago, 21 de maio de 2010 – Area Central será a sede os vindeiros días 28, 29 e 30 de maio de “Didáctica Galicia 2010”, un salón de manualidades organizado pola empresa distribuidora Foamygal que servirá para promocionar o “Foamy (Goma Eva)”, un material co que se realizarán varias exhibicións e obradoiros continuos dirixidos a nenos, educadores e monitores.

O horario no que se pode visitar este salón os tres días, dende o venres 28 ata o domingo 30, será de 10.00 a 21.00 horas na esquina vermella de Area Central. O espazo constará dunha zona de exposición, un zona para exhibicións de técnicas de traballo deste novo material para o seu uso escolar en Galicia e outra zona para os obradoiros creativos permanentes para os pequenos da casa.

Pode ter máis información sobre as actividades de Area Central, na súa programación mensual.


area central centro comercial 2009