“TARDES DE LECER” DESPÍDESE ESTE SÁBADO 26 EN AREA CENTRAL
As actividades de Nadal continúan en Area Central ata o 4 de xaneiro
Santiago, 21 de decembro de 2009 - A campaña de dinamización lingüística “Tardes de lecer”, enmarcada no programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chega este sábado 26 ao seu fin, despois de que dese comezo o pasado 2 de outubro. Esta actividade fixo desfrutar aos pequenos da casa todos os venres e sábados con variadas actividades de dinamización do galego, como contacontos, obradoiros e outras accións dinámicas con música e bailes.
Este sábado 26, ás 18.00 horas, Area Central celebrará a última das sesións de “Tardes de lecer” cunha festa de despedida que servirá para pechar esta campaña que cada fin de semana contou con participantes fieis que non quixeron perderse ningún capítulo da colección Bolboreta, de Sotelo Blanco Edicións, na que estivo baseada esta campaña. Igual que no resto das xornadas anteriores, os nenos que asistan e participen nesta última sesión, que terá lugar na esquina vermella da planta baixa, recibirá un libro de agasallo.
Por outra banda, as actividades non cesan e nos vindeiros días Area Central celebrará sesións de monicreques, obras de teatro, obradoiros científicos e obradoiros de maquillaxe e de elaboración obxectos típicos destas datas. Xa no 2010, dende o 2 ata o 4 de xaneiro, Area Central recibirá a visita dos Reis Magos e haberá animación itinerante neses días.
Atoparás máis información sobre as actividades de novembro de Area Central na súa programación mensual.
|