idioma: |

CIRCUITO DE SCALEXTRIC, SIMULADOR DE VOO E EXHIBICIÓN DE CONDUCCIÓN, ESTA FIN DE SEMANA EN AREA CENTRAL

NadalA empresa Rc Racing organiza a actividade “Adrenalina a escala” dende o venres 26 ata o domingo 28 de febreiro

Santiago, 22 de febreiro de 2010 - A empresa Rc Racing ten organizado para esta fin de semana en Area Central a actividade “Adrenalina a escala”, un evento que constará de varias accións relacionadas coa conducción en miniatura e a velocidade. A partir deste venres 26 ata o domingo 28, o escenario principal de Area Central acollerá varias actividades, entre elas, un circuito de scalextric no que todos os visitantes de Area Central que queiran poderán demostrar as súas habilidades co radio control. Será unha fin de semana de ocio para todas as idades no que tamén se instalará un simulador de voo dun helicóptero que poderá probar todos os visitantes do complexo comercial.

Ademais, os responsables de Rc Racing farán demostracións de conducción de coches drift 1/10, con grandes derrapaxes que asombrarán aos asistentes. O evento tamén constará dunha pequena exposición de casiñas de bonecas, modelismo naval en madeira e maquetas en plástico de temática civil e militar, entre outros obxecto.

Para ter máis información sobre as actividades de febreiro de Area Central, visita a programación mensual.

 

area central centro comercial 2009