idioma: |

TOP MODEL AREA CENTRAL 2010 XA TEN GAÑADORES: JORGE SAAVEDRA E SARA NÚÑEZ





Santiago, 4 de maio de 2010Jorge Saavedra e Sara Núñez proclamáronse vencedores da novena edición de Top Model Area Central na gala final do pasado sábado 24 ante centos de persoas congregadas na pasarela do complexo comercial, entre eles, familiares e amigos dos trinta finalistas do concurso, antigos concursantes do certame e os membros do xurado, que elixiron a esta parella como a imaxe de Area Central durante un ano para as súas campañas publicitarias.

Jorge Saavedra, estudiante procedente de A Coruña e de 18 anos, e Sara Núñez, estudiante padronesa de 17 anos de idade, pasan a formar parte do listado dos vencedores de TOP MODEL AREA CENTRAL sustituindo aos gañadores do 2009, Óscar Carbajales e Kelly Briones.

Nunha gala conducida pola presentadora de televisión, Alba Lago, e o modelo e gañador de Top Model Area Central 2008, Rudy Lamas, os trinta finalistas procedentes de varios puntos de Galicia e Asturias desfilaron polo escenario principal de Area Central lucindo roupa e complementos dos establecementos do complexo comercial Alcampo, All Factory, D´Elvis, Yacox e María García.

Ademais da parella gañadora, o xurado, composto por directivos do complexo comercial e da axencia organizadora Multimedia Ideas, representantes de diferentes medios de comunicación e a modelo Dolores Couceiro, elixiron como primeiros finalistas a dous estudiantes ferroláns: Pablo Puentes, de 22 anos, e Danique Lavodrama, de 15 anos. Tanto os gañadores como os primeiros finalistas recibirán como premio un curso de modelaxe na prestixiosa axencia de modelos Dolores Couceiro.

Un ano máis, Area Central contou coa inestimable colaboración de Begano - Coca-Cola e do Hotel Balneario Compostela, que agasallou á parella gañadora e aos primeiros finalistas cun tratamento completo de beleza. Ademais, o grupo Palladium, formado pola discoteca Palladium e os pubs Laycus e Zerox de Melide e dirixido polo gañador de Top Model Area Central 2006, Miguel Castro, premiou á parella gañadora con entradas e estancia en Valladolid para asistir ao Festival Latino 2010; e aos primeiros finalistas cunha fin de semana inesquecible de ocio e aventura.

A gran gala final contou tamén cunha exhibición de baile a cargo dos actuais campións galegos de baile latino, Beatriz Veiga e Manel López; e un desfile especial con roupa do deseñador coruñés José Matteos.

Máis información na web www.topmodelareacentral.com


area central centro comercial 2009