![]() |
|
|
|
||||||||||||||
UN SORTEO PARA IR Á FÓRMULA 1, ENTRE OS EVENTOS DE MARZO DE AREA CENTRAL![]() Santiago, 27 de febreiro de 2012 – O mes de marzo chega cargado de actividades en Area Central. Entre elas, o complexo comercial e o Real Automóvil Club de Cataluña (RACC) únense para celebrar o Día do Pai co sorteo dunha viaxe para dúas persoas para asistir ao Gran Premio de España de Fórmula 1 entre os clientes de Area Central. Os establecementos comerciais de Area Central adscritos á promoción repartirán dende o próximo venres 2 e ata o venres 16 uns cupóns aos seus clientes por compras superiores a vinte euros. Os clientes deberán cubrir cos seus datos estas papeletas e depositalas na urna que se colocará ao lado da cabina de información de Area Central. O sábado 17 realizarase o sorteo con todos os boletos depositados na urna. O premio é responsabilidade do RACC e consiste nunha viaxe de ida e volta para dúas persoas a Barcelona, unha noite nun hotel de tres ou catro estrelas e dúas entradas de tipo pelouse para o sábado 12 e domingo 13 de maio para asistir ao Gran Premio de España de Fórmula 1 no Circuito de Cataluña. Ademais, do 2 ao 4 de marzo, Area Central acollerá un "Outlet do libro", un espacio cultural no que os visitantes do complexo poderán adquirir unha variedade de libros das editoriais de "Editores de Compostela" a precios de saldo. Ademais, tanto o sábado como o domingo haberá actividades paralelas. Aparte das actividades fixas mensuais, como a exposición de paxaros e o rastro de antigüidades, Area Central ofrecerá todos os sábados actividades infantís, entre elas, o sábado 24 conmemorarase o Día mundial do teatro nuns obradoiros nos que os asistentes amosarán a súa creatividade facendo divertidos monicreques. O mes de marzo concluirá en Area Central coa celebración da sétima edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego de Santiago de Compostela, os próximos días 30 e 31 de marzo e 1 de abril. Para ter máis información sobre as actividades, pode visitar a programación mensual.
|
|
|