idioma: |

POLÍTICA LINGÜÍSTICA INICIA EN AREA CENTRAL A SÚA CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DO GALEGO ENTRE OS MÁIS PEQUENOS “TARDES DE LECER”

rastro antigüedadesSantiago, 28 de setembro de 2009 . - A Secretaría Xeral de Política Lingüística da inicio en Area Central a súa campaña de dinamización e de fomento do galego entre os máis pequenos “Tardes de lecer” que, durante trece fins de semana, ofrecerá diversas actividades de animación divertidas e dinámicas, entre elas, contacontos, obradoiros de ilustración e representacións teatrais.

Esta actividade, baseada na colección de libros infantís Bolboreta, de Sotelo Blanco Edicións, terá lugar en Area Central a partir das 18.00 horas todos os venres e sábados, a partir do venres 2 de outubro. Os nenos que participen nas sesións de “Tardes de lecer” recibirán como agasallo o libro da colección Bolboreta que coincida co título que corresponda á programación dese día.

“Tardes de lecer” destaca pola súa continuidade no tempo, xa que é unha acción que se celebrará todas as tardes dos venres e sábados ata o vindeiro 26 de decembro en diferentes puntos de Area Central.

O calendario de “Tardes de lecer” é o seguinte:

  • Venres 2 e sábado 3 de outubro: Presentación das personaxes.
  • Venres 9 e sábado 10 de outubro: A grande ameaza
  • Venres 16 e sábado 17 de outubro: Cormarín
  • Venres 23 e sábado 24 de outubro: A historia do gran de millo Venres 30 e sábado 31 de outubro: Tres contos do máxico tres
  • Venres 6 e sábado 7 de novembro: A folla seca
  • Venres 13 e sábado 14 de novembro: ¿Onde está o sol?
  • Venres 20 e sábado 21 de novembro: Vanesa non quere ser princesa
  • Venres 27 e sábado 28 de novembro: Poemas para pintar
  • Venres 4 e sábado 5 de decembro: : O pequeno da familia fantasma
  • Venres 11 e sábado 12 de decembro: Eu son tan forte
  • Venres 18 e sábado 19 de decembro: Tom e Mix, os cabados de Clara
  • Sábado 26 de decembro: Gran festa de despedida

 

Atoparás máis información sobre as actividades de Area Central na súa programación mensual.

 


area central centro comercial 2009