OS REIS MAGOS PÓDENSE VISITAR EN AREA CENTRAL OS DÍAS 2, 3 E 4 DE XANEIRO
Santiago, 28 de decembro de 2009 -
Os Reis Magos regresan un ano máis a Area Central e os vindeiros días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2010 instalaranse nos seus tronos situados na esquina verde da planta primeira para atender as peticións e escoitar os desexos dos máis pequenos. Os tres Reis Magos, acompañados de dous paxes, estarán dende as 17:30 ata as 21:00 horas durante estes tres días.
Ademais, nestes últimos días da campaña de Nadal de Area Central haberá obras de teatro infantís e animadores itinerante que repartirán caramelos e farán globoflexia polos corredores do complexo comercial.
Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visite a programación mensual.
|