AREA CENTRAL OFRECE UN NADAL EN PLAN FAMILIAR
Santiago, 29 de novembro de 2011 – Chega o Nadal, e con el Area Central ofrece aos seus visitantes variadas actividades centradas nun público familiar, que terán lugar a diario durante decembro e os primeiros días de xaneiro. O Nadal comeza en Area Central de xeito oficial este mércores 30 co acendido da árbore de Nadal e as luces interiores que iluminan os pasillos e os catro accesos de Area Central, ademais da visita de catro Papá Noeles, que se ubicarán nos catro accesos do complexo comercial para darlles á benvida a todos ao Nadal de Area Central.
Area Central ofrecerá actividades todos os días, excepto o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2012. O maior número de eventos terán lugar os venres e sábados, ademais dos domingos e festivos de apertura, que serán os domingos 4, 11 e 18 e o xoves 8 de decembro, xornadas nas que os establecementos comerciais de Area Central abrirán no seu horario habitual.
Dende o 1 ata o 23 de decembro, Papá Noel poderase visitar todas as tardes, sendo esta unha das accións máis esperadas polos pequenos da casa. Os Reis Magos tamén acudirán a Area Central os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2012. Monicreques, contacontos, exposicións, obradoiros infantís, espectáculos, etc. son algunhas das actividades que se poderán disfrutar durante o mes de decembro. O tradicional sorteo das 101 cestas de Nadal volverá ser o evento estrela do Nadal de Area Central e celebrarase o sábado 17 e o domingo 18 de decembro.
Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, pode visitar a nosa programación mensual e o noso Facebook.
|