idioma: |

A V FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO CELÉBRASE EN AREA CENTRAL DO 9 AO 11 DE ABRIL

Santiago, 30 de marzo de 2010 – Os vindeiros días 9, 10 e 11 de abril Area Central acollerá a quinta edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego, actividade organizada polo Consorcio Editorial Galego e na que as editoriais galegas Sotelo Blanco Edicións, Baía Edicións e Edicións A Nosa Terra exporán as súas últimas novidades literarias, ademais de celebrarse actividades paralelas para os rapaces, como obradoiros de creación de monecos e contacontos.

Ao longo destes tres días, Area Central convertirase na sede das letras galegas dirixidas aos máis pequenos con este evento que chega a súa quinta edición e se enmarca dentro das actividades vinculadas ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora cada 2 de abril.

Deste xeito, ao longo destes tres días as persoas que se acheguen as rúas do complexo comercial poderán visitar os postos de venda de libros pertencentes as tres editoriais colaboradoras, ademais de participar polas tardes nas actividades dirixidas aos máis novos da casa.

Atopará máis información sobre as actividades de Area Central, na nosa programación mensual.


area central centro comercial 2009