![]() |
|
|
|
||||||||||||||
VARIADAS ACTIVIDADES TODOS LOS SÁBADOS EN AREA CENTRAL![]() Santiago, 30 de maio de 2012 – Ademáis da ampla variedade de establecementos comerciais, de ocio e restauracióón que ofrece aos seus clientes, Area Central programa todos os sábados actividades de diferentes temáticas dirixidas, a maioría delas, aos pequenos da casa co fin de ofrecer una actividade de carácter familiar na que pais e fillos poidan pasar xuntos unha tarde amena e entretida en Area Central. Estas accións teñen lugar os sábados, a partir das 18:00 horas, nunha zona acotada e enmoquetada e disposta con mesas e sillas para que os nenos estean cómodos mentres desfrutan creando algún xoguete coas súas propias mans ou escoitando mentres lles contan a historia dun libro. Papiroflexia, reciclaxe, elaboración de máscaras ou monicreques son só algunhas das temáticas que xa se teñen celebradas nestes obradoiros dende primeiros de ano en Area Central. No mes de abril e maio continuarán as actividades coa celebración de obradoiros de coiro ou de pasta de moldear, ademais de contacontos e obradoiros de ilustración. Para máis información sobre as actividades de Area Central, poder ver a programación mensual ou entrar no noso facebook.
|
|
|