COMEZA UNHA NOVA TEMPADA
DE ACTIVIDADES NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL
O
domingo 3 de outubro, no Centro Comercial Area Central, estréase
un novo programa de lecer, que chega cargado de actividades para todos
os públicos, e no que ós xogos e a diversión para
os máis cativos, engadiránse novas propostas, que, sen
dúbida, van abraiar gratamente a toda a familia.
Así, entre outras moitas sorpresas que o centro
ten preparadas, ó longo do mes, todos os que se acheguen a Area
Central poderán disfrutar de tardes musicais, de xogos, obradoiros
creativos para os máis pequenos, ou participar dunha especial
“Festa Infantil de Outono”, coa que se dará a benvida
á nova estación do xeito máis divertido.
|