idioma: |

GRANDE ÉXITO DAS ACTIVIDADES CELEBRADAS NOS PRIMEROS SEIS MESES DO 2.004

Pecharonse con grande éxito as actividades lúdicas e festivas levadas a cabo polo centro comercial no primeiro semestre do ano.

As festas e obradoiros para os máis cativos tiveron un grande seguimento coma foron a “Festa de Primavera” ou a “Festa Chinesa” celebradas no mes de Marzo, aunque o momento clave para todos eles foi coa visita dos Reis magos de Oriente que estiveron coma tódolos anos no Centro Comercial entre o 2 e o 5 de Xaneiro e cos que os fillos dos nosos clientes poideron fotografarse gratuitamente.

O “Entroido”, a celebración do “Dia das letras galegas” con diversos obradoiros asi coma o teatro infantil realizado coa inestimable colaboración da “Asociación Xestal” completaron a oferta para os máis pequenos.

As exposicións celebradas coma a fotográfica “Santiago en estado puro” do arxentino Oscar Dentice (Abril) e a de xoguetes “Soños doutra infancia” (a maior colección privada de xoguetes antergos existente en España) (Xuño). Tamén celebraronse duas exposicións en colaboración coa ONG “Solidaridade Internacional”, que foron “Indíxenas con Voz” (Febreiro) e “Bolivia sementando futuro” (Xuño).

O Concurso “Top Model Area Central”, “ A Xornada de artes marciais “, actuacións musiciais e diversas promocións comerciais, completaron un semestre cheo de actividades e sorpresas que fixo de Area Central algo mais que unha simple referencia comercial


area central centro comercial 2004