![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
TOP MODEL DE AREA CENTRAL: O MAIS PRETIXIOSO DOS CONCURSOS DE PASARELA EN GALICIA.A terceira edición do “Concurso Top Model Area Central”, celebrada durante os meses de Abril e Maio de 2.004 consolídase como o mais prestixioso dos concursos de pasarela existente en Galicia. A edición de este ano con mais de 300 inscritos nos diferentes castings que se celebraron no propio Centro Comercial asi coma en diversas discotecas colaboradoras do evento, fixeron de esta edición un novo éxito, como o acredita as máis de 1.000 persoas que presenciaron en directo a final, e as máis de 2.000 que presenciaron os tres desfiles eliminatorios. A diferencia de outros concursos o “Top Model Area Central” ofrécelle a oportunidade os aproximadamente 70 mozos e mozas seleccionados de desfilar en unha pasarela profesional de moda en un marco incomparable ante o público e a televisión; o que supón para a maioría de eles unha experiencia inolvidable. Amais de esto, os gañadores teñen garantida a sua primeira campaña publicitaria (prensa, carteleria, mupis,etc.), sendo a imaxe do Centro Comercial para as campañas de Rebaixas (Verán e Inverno) e da seguinte edición do Concurso. Son moitos os mozos que tras o seu paso pola pasarela de Area Central atopanse hoxe traballando no mundo da pasarela ou da moda, todo esto é en gran parte debido a que Area Central conta coa colaboración da mais prestixiosa e importante axencia de modelos de Galicia, “DC” dirixida por Dolores Couceiro. Por último, mencionar os gañadores de este ano que foron “Crisitna Mos” de Ribeira e “Pablo Liñares” de Santiago de Compostela, os que poderedes ver nas campañas de moda do Centro Comercial e os que dende aquí desexamoslles moita sorte. |
|
|