AREA CENTRAL: O CENTRO
COMERCIAL DE TODOS
O POR QUÉ DE UN ESLOGAN
O Centro Comercial “Area Central” ven
de utilizar o lema de “O Centro Comercial de todos” dende
o mes de Outubro do 2.002, data da estrea da sua primeira campaña
de cambio de imaxe, despois de unha forte inversión na renovación
e mellora das suas instalacións e da estrea tamén de unha
nova política nas accións de marketing, con novedosas
propostas de accións e eventos.
Asi, no verán do 2.002 o departamento de marketing
e a axencia de publicidade do Centro Comercial, despois de estudar varias
opcións, tomou a decisión de facer do lema “O Centro
Comercial de Todos” a carta de presentación de todalas
suas campañas de comunicación.
Un lema ou eslogan que encaixa a perfección co espíritu
do Centro Comercial, un complexo onde colle todo tipo de actividade
e actividades, asi atopamos dende oficiñas privadas e públicas
a un hotel, vivendas, comercios, hipermercado, hostalaria, cinemas,
servicios varios, etc., ata tal punto que seria imposible atopar outro
complexo igual en Galicia que reunise tódalas actividades citadas
baixo un mesmo teito.
Esta variedade en oferta e actividade e a que fai que en Area Central
se concentren todo tipo de clientes e visitantes que acuden o mesmo
por moi diferentes gostos e motivos, de tódalas condicións
e edades, de tódolos currunchos de Galicia e do mundo, dado o
carácter universal da nosa cidade.
Todo esto conleva a que o Centro Comercial Area central sexa un ente
dotado de vida e actividade durante case que as 24 horas do dia, aberto
sempre a todos, esperando os seus visitantes sempre cos brazos abertos
e preparado para ofrecerlles o mellor.
Pero a principal diferencia do Centro Comercial Area
Central está en ser a entidade privada comercial de Galicia que
mais oferta lúdica e festiva realiza, sempre de carácter
gratuito para todos os que se achegan as suas instalacións, esto
supón que cantidade de organizacións, asociacións,
institucións e empresas diversas colaboren onerosamente ano tras
ano nas actividades e festexos que desenrolanse no Centro Comercial,
entendendo que esta e a forma mais sinxela de chegar a todo tipo de
xentes.
Trátase en resumidas contas de invertir a famosa
tese comercial de “Se mercas levas ou agasállote”
pola de “Agasállote e despois se queres merca”, pero
gracias só por vir. Por todo esto Area Central e de todos, de
todos os milleiros de amigos e clientes sen distincións que visitan
as suas instalacións e disfrutan as suas actividades ano tras
ano.
|