![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
VOLVE ASTURIAS Ó CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL DO 8 Ó 18 DE SETEMBRO
1.- Ponto de Información Turística: no que se facilitará toda a información de interese, así como acerca das diversas opcións de aloxamento e turismo que ofrece a rexión. 2.- Espacios Naturais: con información, a travéis de paneis explicativos, sobre os moitos enclaves naturais do Principado, dende os Picos de Europa, ata as Reservas Naturais. 3.- Marcas de Calidade: onde se poderán coñecer as tres marcas de calidade creadas recentemente polo Principado de Asturias: “Club de calidad `Casonas asturianas´”, “Mesas de Asturias”- Excelencia Gastronómica- e “Aldeas”- Calidad Rural. 4.- Saboreando Asturias: que mostrará o máis típico da gastronomía asturiana. 5.- Museo del Jurásico (MUJA): que constará dunha ilustrativa exposición acerca do xurásico asturiano e os restos paleontolóxicos de interese da zona, que se completa con información sobre o “Museo del Jurásico (MUJA)” e que incluirá unha reproducción da cabeza dun xigantosaurus. 6.- Camiño de Santiago: unha mostra acerca da Ruta Xacobea ó seu paso por Asturias, composta por unha serie de paneis explicativos no que se da conta, de modo gráfico e visual, da historia, percorrido e características do coñecido como “Camiño Norte”, e as súas variantes, pola costa ou polo interior do Principado, sendo esta última (denominada “Camiño Primitivo”) a vía utilizada polos pioneiros na peregrinación a Compostela. 7.- O mar: no que se mostrarán imaxes e elementos relacionados co mar en Asturias.
|
|
|