idioma: |

AREA CENTRAL CELEBRA O SEU 11 ANIVERSARIO DO 28 DE OUTUBRO Ó 8 DE NOVEMBRO

O martes 26 de outubro, Area Central presenta en rolda de prensa xunto cas últimas novidades do centro para este ano, un espectacular programa de actividades que encherá de maxia cada un dos seus recunchos, e co cal compartirá a celebración dos seus 11 anos de andadura con tódolos clientes e visitantes que, día tras día se achegan ó Centro Comercial, que durante estes dez días, poderán desfrutar de programas radiofónicos en directo, agasallos e un gran Festival de Maxia..

Deste xeito, continuando na súa liña de compromiso de contribuir a ampliar a oferta lúdica da cidade de Compostela e da súa bisbarra, Area Central repartirá centos de pastas e bombóns cos que os seus visitantes serán agasallados e acollerá a retransmisión en directo de varios programas de radio nos que, distintas emisoras poderán dar conta en primeira persoa das actividades que, baixo o suxerente título do 11º ANIVERSARIO MÁXICO, ten preparadas: un “FESTIVAL DE MAXIA” sen precedentes, que sen dúbida abraiará e fascinará ó público de tódalas idades e no que confluirán distintas áreas de exposición, unha escola interactiva de maxia para nenos e actuacións en directo de reconocidas figuras das distintas especialidades da maxia actual (fakires, ilusionistas,...), que arrincarán as sonrisas e a sorpresa de grandes e pequenos

 

area central centro comercial 2004