idioma: |

"ANIVERSARIO MÁXICO” NO CENTRO COMERCIAL.
COMEZA O ESPECTÁCULO.

A capacidade da maxia para atraer á imaxinación humana, é tan antiga coma a mesma humanidade, e incluso hoxe, nunha época na que a ciencia permite obter explicacións racionais para todo tipo de fenómeno, os ilusionistas, magos, prestidixitadores, mentalistas e fakires, seguen captando e mantendo ensuspenso a nosa atención. De este maravilloso mundo de ilusión e fantasía trata o FESTIVAL DE MAXIA que acolle Area Central, o cal invita a un cautivador paseo ó longo de tódolos pasillos e recantos do Centro Comercial, desfrutando de cada un dos seus elementos:

1.- Exposición “VIVIR A MAXIA
Do 28 de outubro ó 6 de novembro, de 10:00 a 22:00 horas.
Planta baixa.

As diferentes áreas de exposicións atópanse distribuídas ó longo dos distintos espacios da planta baixa, e constan das seguintes temáticas:

*LIBROS: Unha curiosa colección de libros antigos, entre os que poderemos encontrar auténticas rarezas editoriais nas que se desvelan os secretos de mediums, fakires e prestidixitadores e por medio dos que se pode ver a evolución da maxia española e os seus artistas ó longo de cada época.
* BARALLAS: Os emblemáticos naipes non podían faltar nesta exposición, na que se mostran dende barallas con infinitas cores e debuxos pensadas para realizar manipulacións e abanos, ata a barallas xigantescas ou diminutas, redondas ou en zig-zag e cos máis variados materiais e debuxos.
* OS FAKIRES: No curruncho dos Fakires poderemos ver as escaleiras de sables que estes especiais artistas son capaces de subir cos pes descalzos así como as temibles camas de clavos que utilizan nos seus espectáculos.
* A MAXIA EN CHINA: Os números de maxia oriental destacaron polo seu exotismo e polo colorido do seu vestiario e instrumentos. Neste área, poderemos apreciar a súa riqueza e aprender algunha que outra anécdota dos magos que adoptaron o estilo de Fu-Manchú.
* O RECUNCHO DE HOUDINI: O rei da evasión, merece un tratamento especial na mostra, dedicándolle un espacio exclusivo, no que se amosan cadeas, cadeados, esposas de formas diferentes, camisas de forza, fotos e carteis dos seus efectos e persoas queridas e unha colección de xornais da súa época (a cabalo entre os séculos XIX e XX) nos que se mostran as fazañas deste home extraordinario.
* GRANDES ILUSIÓNS: As grandes ilusións son eses aparatos tan abraiantes que, cando os vemos en acción, non podemos dar crédito ó que ós nosos ollos perciben. No noso paseo, poderemos atoparnos con guillotinas, cámaras de aparición, unha “Casiña de Bonecas”que nos desafía cunha guillotina para cortar cabezas, caixas milagreiras das que xurden ilesas persoas que parecen ser partidas en dous; e, finalmente, poderemos ver a “Cama da Morte”, da que non existen máis que dous exemplares no mundo: un en poder do popular David Copperfield, e este outro que podes admirar aquí.

2.- ESCOLA DE MAXIA:
Do 28 de outubro ó 6 de novembro. A partires das 17:30 horas.
Esquina verde; primeiro andar.

Os máis pequenos terán a oportunidade de vivir as súas propias experiencias como magos, nun espacio acotado e acondicionado para eles, no que os monitores desta particular escola aprenderanlles os trucos máis abraiantes e divertidos.

3.-ACTUACIÓNS EN DIRECTO:
Todas en horario de 18:00 horas.
Escenario principal. Planta baixa.

Se ata o de agora puidemos ver os aparellos dos magos inactivos na exposición, sobre o escenario, imos comprobar como varios dos mellores artistas nas distintas especialidades, fan realidade o imposible ante os nosos ollos.

* Venres 29 de outubro: O popular MAGO TETO, será o primeiro en presentar o seu show ante o público de Area Central, que poderá admirar moitas das tolerías máxicas de este excepcional artista, entre as que se contan algunhas tan incribles coma atrapar unha bala cos dentes, liberarse de camisas de forza ou predicir os titulares de prensa cunha semana de antelación.
* Sábado 30 de outubro: Na tarde deste sábado, contaremos ca presencia de RAHMA KHAN, o mellor fakir de todo o país, capaz de tragar sables, deitarse sobre a cama de cravos e outras moitas sorpresas que os visitantes que se acheguen ó Centro Comercial poderán descubrir.
* Luns 1 de novembro: Tarde especial para os máis pequenos, na que subirá ó escenario o MAGO MURPHY, na actualidade un dos magos favoritos dos nenos, coñecido polas súas colaboracións nos programas de televisión “Club Megatrix” e “Un domingo cualquiera”.
* Venres 5 de novembro: CARLOS SERRATE E ANA. Actuación estelar do actual presidente da “Asociación Mágica Española”, tamén habitual colaborador de numerosos programas de televisión.
* Sábado 6 de novembro: O encargado de pechar o noso festival, será o ilusionista AISMAN, referente no noso país na especialidade de grandes ilusións. Actualmente traballa no Parque de Atraccións de Madrid, e no seu espectáculo fai levitacións, xógase a vida na “cama da morte” e incluso ten feito aparecer un barco no escenario, facendo posible o máis incrible.

 

area central centro comercial 2004